Cto. de España de Natación Idade Escolar por CCAA - Xornada 2

20170326_nat_cto_esp_ccaa_idade_escolar_01

20170326_nat_cto_esp_ccaa_idade_escolar_02

Sétimo posto final na clasificación total da Selección Galega ao remate do III Campionato de España de Natación en Idade Escolar (CSD) por CCAA en Palma de Mallorca, por detrás de Cataluña, Andalucia, Valencia, Madrid, Castilla La Mancha e Murcia. En categoría feminina a Selección ocupou o 5º posto e en categoría masculina o 8º posto.

A nivel individual volveron a destacar:

Paula Otero Fernández, primeira en 200 estilos.

Amalia Blas Rodríguez, terceira en 400 libre.

No Campionato de natación adaptada destacou Jacobo Garrido Brun, primeiro en 100 costas, 50 bolboreta, 100 libre e en 50 libre.

Na clasificación por CCAA, Jacobo acadou para a Selección de Galicia o terceiro posto en categoría masculina.

Web do campionato.