Cto. de España de Natación Idade Escolar por CCAA - Xornada 1

20170325_nat_cto_esp_ccaa_idade_escolar

Sétimo posto na clasificación total da Selección Galega despois da disputa da 1ª xornada do III Campionato de España de Natación en Idade Escolar (CSD) por CCAA en Palma de Mallorca. En categoría feminina a Selección ocupa o quinto posto e en categoría masculina o 8º posto.

A nivel individual destacan:

Amalia Blas Rodríguez, segunda en 200 libre e terceira en 800 libre.

Paula Otero Fernández, primeira en 400 estilos e primeira tamén en 200 bolboreta e 800 libre establecendo ademais dúas Mellores Marcas Galegas de 13 anos con 2:22.92 e 9:07.18.

Terceiro posto da remuda feminina de 4X200 libre formado por Amalia Blas, Paula Otero, Eva Feijoo e Ariadna Alcalde.

Web do campionato.