O CN Traviesas, Campión Galego Máster de inverno

O CN Traviesas proclamouse Campión Galego Máster de Inverno en categoría total, por diante do CN Portamiñá Lugo que foi segundo e o CN Galaico que foi terceiro.

Na categoría feminina, o club campión foi o CN Galaico, seguido do CN Traviesas e do CN Portamiñá Lugo.

Na categoría masculina o club campión foi o CN Traviesas, segundo o CN Portamiñá Lugo, e terceiro o CN Máster Mos.

Os trofeos para os participantes de máis idade foron para Celia Iglesias Blanco do CN Máster Mos e para Luis Gómez Sanmartín do C Fluvial de Lugo.

Ler máis.