FEGAN - Aviso Legal.
Os responsables da piscina de Santa Isabel de Santiago de Compostela acaba de comunicar que a instalación non pode estar dispoñible para a celebrar o Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno nas datas previstas.
Con tal motivo, procurando a mellor opción para non interferir na preparación dos nadadores, respectando seu proceso de adestramento de cara a lograr os seus obxectivos e unha vez confirmada a dispoñibilidade por parte do CN Galaico que era o outro clube que solicitou en tempo e forma a organización do Campionato, trasladase a sede de dita competición á da piscina Rías do Sur en Pontevedra, manténdose as datas previstas.
En breve, tanto o CDN Cidade de Santiago como o Concello de Santiago de Compostela, darán as razóns/explicacións oportunas.