Paula Goyanes, Ane de la Fuente, Gaspar Andrade e Manuel Tomé co Equipo Nacional de Augas Abertas

As nadadoras Ane de la Fuente do CN Liceo e Paula Goyanes do CN Galaico, e os nadadores Gaspar Andrade do CN Arzúa e Manuel Tomé do CN Riveira están convocados para participar nunha concentración de preparación xeral do equipo nacional de augas abertas no Centro de Tecnificación Deportiva Mar Menor en Murcia. Ane estará do 9 ao 15 de outubro mentres que Paula, Gaspar e Manuel estarán ata o día 13 xa que o sábado 15 participarán no Swim Marathon III que se disputa en Funchal (Madeira) sobre unha distancia de 10 Km.

A estas actividades tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora de natación do CGTD de Pontevedra, como integrante do cadro técnico.