Paula Goyanes, Águeda Cons e Manuel Tomé co Equipo Nacional de Augas Abertas

As nadadoras Paula Goyanes García e Águeda Cons Gestido do CN Galaico e o nadador Manuel Tomé Sanlés do CN Riveira, bolseiros do CGTD, participan desde hoxe e até o día 31 de agosto nunha concentración co Equipo Nacional de Augas Abertas de categoría Júnior. Esta concentración que ten lugar no CAR de Sant Cugat e na que tamén está convocada a adestradora do CGTD Luisa Domíguez como integrante do cadro técnico, e de preparación para o Campionato de Europa Júnior que se disputa en setembro en Italia.