Cto. de España de Natación Alevín de Verán - Xornada 2

20160722_nat_ana_cernadas

20160722_nat_paula_otero

Dúas novas medallas e unha Mellor Marca Galega a cargo de Ana Cernadas e Paula Otero na segunda xornada do Cto de España Alevín.

Ana Cernadas González do C Fluvial de Lugo foi terceira en 100 libre de 12 anos con 1:03.05, establecendo unha nova mellor marca galega. Ademais foi cuarta en 400 estilos con 5:39.83.

Paula Otero Fernández do CN Liceo proclamouse campioa de España en 400 estilos de 12 anos con 5:29.24.

Outros nadadores finalistas foron:

Eva Feijoo Gómez do CN Pabellón Ourense, oitava en 100 libre de 12 anos con 1:04.97 en eliminatorias.

Hugo Borrallo Castelo do CN Liceo foi décimo en 200 libre de 13 anos con 2:13.23 en eliminatorias.

Carla Faro Martínez do CN Ponteareas foi oitava en 400 estilos de 13 anos con 5:28.04.

Acceso á web do campionato.