Cto. de España de Natación Alevín de Verán - Xornada 1

20160722_nat_amalia_blas

20160722_nat_raquel_cando

Duas medallas e duas mellores marcas galegas na primeira xornada do IV Campionato de España de Natación Alevín de Verán que se disputa en Madrid a cargo de Amalia Blas e Raquel Cando.

Amalia Blas Rodríguez do CN Liceo proclamouse campiona de España en 800 libre de 12 anos con 9:41.76, establecendo uha nova Mellor Marca Galega.

Raquel Cando Santos do CN Portamiñá proclamouse subcampioa de España en 800 libre de 13 anos con 9:29.98, establecendo tamén una nova Mellor Marca Galega.

Outros nadadores destacados que acadaron postos de finalista foron:

Pablo Galán Vicente do CN Coruña, cuarto en 1500 libre de 14 anos con 17:04.58.

Julio Pedre Salido do CN Ferrol foi oitavo en 1500 libre de 13 anos con 18:26.47.

Paula Otero Fernández do CN Liceo foi cuarta en 800 libre de 12 anos con 9:55.06.

Acceso á web do campionato.