Cto. de España de Wáter-polo Cadete Masculino

20160718_wat_cw_pontevedra_cade

A pasada fin de semana disputouse en Murcia o Campionato de España de Wáter-polo Cadete Masculino, onde Galicia tivo como representante ao Club Waterpolo Pontevedra. Encadrado no grupo D, enfrontouse ao Leioa I.T. (vitoria por 6-4), ao CN Caballa (empate 12-12) e ao CW Murcia (derrota 11-14). Unha vez fora do obxectivo de oitavos de final, o CW Pontevedra enfrontouse contra o equipo Madrileño de Colegio Brains (derrota 13-7), ao Mallorca Waterpolo (vitoria por 9-8) e ao Leioa I.T. (derrota 8-6) quedando nunha 21º posición. A pesar de non conseguir os obxectivos expostos, os clubes Galegos están ao nivel do resto de autonomías exceptuando a Cataluña onde aínda están a un nivel superior.

Acceso á web do campionato.