Paula Goyanes, convocada para o Cto. de Europa de Augas Abertas Júnior

20160621_aua_paula_goyanes

A nadadora Paula Goyanes García do CN Galaico e bolseira do CGTD, foi convocada para participar no Campionato de Europa de Augas Abertas Júnor que se disputa do 9 ao 11 de setembro en Piombino (Italia). Paula únese a os nadadores xa clasificados, Águeda Cons Gestido tamén do CN Galaico e Manuel Tomé Sanles do CN Riveira, bolseiros do CGTD.

Previo ao Campionato de Europa, participarán na Copa de Europa LEN que se disputa en Navia (Asturias) os días 6 e 7 de agosto, e nunha concentración no CAR de Sant Cugat do 18 de agosto ao 2 de setembro.