María Vilas, clasificada en 800 libre para os XXOO de Río 2016

A nadadora María Vilas Vidal do CN Riveira, acaba de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Río 2016 na proba de 800 libre ao facer 8:26.61 na final do Campionato de Europa, acadando un magnífico cuarto posto. No pase de 400 libre, bateu o Récord Galego con 4:11.91.