Cto. de España de Wáter-polo Masculino de 3ª División - Xornada 2

20160515_wat_cto_esp_mas_div3_01

20160515_wat_cto_esp_mas_div3_02

Segunda xornada do Cto. de España de Wáter-polo Masculino 3ª División onde o C. N. Coruña conseguiu, por primeira vez para un equipo galego , meterse en semifinais. Onte comezou a xornada co partido entre o C. N. Hospitalet e o C. W. Pontevedra, con resultado negativo para os de Pontevedra por 16-3, mentres que o C. N. Coruña xogaba contra outro dos favoritos, o C. N. Montjuic perdendo por 20-9.

Pola Tarde o C. W. Pontevedra xogou contra o C. W. Albacete gañando por 6-7, e o C. N. Coruña gañaba ao C. W. Navarra C, entrando nas semifinais por primeira vez. Este resultado amosa a evolución do wáter-polo en Galicia, onde cada vez estamos máis perto dos equipos nacionais a pesar da nosa escasa competición. A última xornada abriraa o C. W. Pontevedra hoxe domingo ás 10:00 h fronte ao C. W. Navarra C na loita polas posicións 5ª a 8ª, mentres que o C. N. Coruña xogará ás 12:00 h fronte ao C. N. Rubi B polas posición 1ª a 4ª.