Liga Galega de Clubes de Natación

CN Galaico, CN Ferrol e CN Liceo, CN Portamiñá e CN Xove, campións da Liga de Clubes en cada unha das divisións.

20160423_div0_cngalaico

20160423_div1_cnferrol

20160423_div2_cnportamina

20160423_div3_cnxove

Na división de honra, o campión foi o CN Galaico, seguido do CN Pabellón Ourense e terceiro o C del Mar. Na loita pola permanencia o CN Arteixo mantén a categoría mentres que C Fluvial de Lugo e CDN Cidade de Santiago, descenden a primeira división.

Na primeira división, o CN Ferrol e CN Liceo empataron no primeiro posto proclamandose campións e acadando o ascenso a división de honra. O CN Coruña foi terceiro. Na loita pola permanencia, o ADN Narón mantén a categoría mentres que CN Riveira e C Marina Ferrol descenden a segunda división.

Na segunda división o CN Portamiñá proclamouse campión seguido do CN Ponteareas, acadando os dous o ascenso a primeira división. O RCN Vigo foi terceiro. Na loita pola permanencia, o CN Arzúa mantén a categoría mentres que AD Fogar e USC descenden a terceira división.

Na terceira división, o CN Xove proclamouse campión seguido do CN Redondela, acadando os dous o ascenso a segunda división. O terceiro foi CN Vigo Rias Baixas. O cuarto posto foi para CN Mos, quinto CN Monforte e sexto CN Salnés.

Ler máis.