O RCN Vigo no III BWMF Cup de Wáter-polo

Do 29 de agosto ao 2 de setembro, Galicia terá a súa primeira participación no prestixioso torneo «III BWMF Cup», de categoría Infantil Mixto. O Real Club Náutico de Vito participará neste campionato o cal ten carácter internacional, con participación de equipos de de Hungría, Inglaterra, Escocia, Croacia e Italia, ademais de España.

Será unha boa oportunidade para que os xogadores galegos aprendan e compitan contra clubes como Jug Dubvronik, CN Terrassa, CN Barcelona e moitos máis de diferentes zonas con gran tradición no wáter-polo nacional e internacional. A participación é de 20 equipos, nunha primeira fase de liguiña e unha segunda con enfrontamentos polas posicións finais.

O RCN Vigo quedou encadrado no grupo A e enfrontarase ao CN Barcelona, CN Terrassa, Arechi Salerno (Italia) e Scottish Water Polo (Escocia).

Web do campionato.