Cto de España Xuvenil de Waterpolo de 2ª categoría

O Club Waterpolo Galaico Pontevedra participará no Campionato de España de Waterpolo Xuvenil de 2ª categoría, que se disputa do 2 ao 5 de xullo nas Palmas. Os doce equipos participantes repártense en 4 grupos de 3, onde haberá unha liguilla da que sairán os cruces para cuartos de final, semifinais e final. O Club Waterpolo Galaico Pontevedra quedou encadrado no grupo C, xunto co CW Castelló (Comunidade Valenciana) e o Gymnapolis Soller (Baleares).