XVII Cto. de España de Sincronizada Infantil de Verán

Do 25 ao 27 de xuño disputouse en Sabadell o XVII Cto. de España de Natación Sincronizada Infantil de Verán con participación de clubes galegos.

En figuras destaca o posto 21 de Reyes Gómez Sánchez do C Galaico Sincro e o posto 30 de Elisa Seoane Álvarez, tamén do Galaico Sincro.

En dúos, Eva Saldaña e Elisa Seoane acadaron o posto 15 final.

En equipos, o C Sincro Ourense acadou o posto 16 e o C Sincro Pontevedra, o posto 19.

En combos, o Sincro Ourense foi 14º, e o Sincro Pontevedra 17º.

Web do campionato.