Liga Galega de Wáter-Polo (25 e 26 de abril de 2015)

20150428_santa_isabel

O CN Coruña, Campión da Liga Galega de Wáter-Polo Infantil.

O CN Coruña proclamouse Campión da Liga Galega Infantil de Wáter-Polo despois da disputa dos encontros da segunda xornada da Fase Final disputada este fin de semana e impoñerse ao RCN Vigo (4-5) e ao CW Galaico Pontevedra (7-4). No outro encontro deste grupo, disputado en Vigo, o RCN Vigo venceu ao CW Galaico Pontevedra (13-1).

No outro grupo da categoría infantil disputado en Ferrol, o CW Santiago venceu ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (13-5) e ao C Marina Ferrol (6-5). No terceiro encontro disputado, o C Marina Ferrol venceu ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (14-6).

Liga masculina 1ª Div: vitoria a domicilio do CW Galaico Pontevedra na súa visita ao CW Santiago no segundo encontro do play-off, despois da disputa dunha prórroga (12-12 e 1-4).

Liga masculina 2ª Div: vitoria local do RCN Vigo B diante do CW Umia (16-9) e vitoria a domicilio do CW Pabellón Ourense na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (7-14)

Ler máis.