Marcos García, iguala o Récord Galego de 50 braza e Tomás Manso bate a MMG 16 anos en 200 bolboreta

Durante o transcurso do XXXV Memorial Juan Varela disputado este sábado na piscina de Batallones en Ferrol, o nadador Marcos García Soto do CN Ferrol e bolseiro do CGTD igualou o Récord Galego de 50 braza cun tempo de 0:28.59, mentres que Tomás Manso Fraga do C Marina Ferrol e tamén bolseiro do CGTD, bateu a Mellor Marca Galega de 16 anos en 200 bolboreta cun tempo de 2:03.77.