Novo deseño da web da FEGAN

Acaba de activarse un novo deseño da web da FEGAN entre as novidades destacan:

  • Aumentado o tamaño do título e contido das noticias.
  • Mellor axuste das imaxes dos báners con tamaños de pantalla pequenos (móbil).
  • Separación en columnas en anchos que o permiten.
  • As noticias cárganse automáticamente a medida que se baixa na pantalla a modo de desprazamento infinito. Isto é moi útil sobre todo desde dispositivos móbiles.
  • O encabezado da web agora tamén se axusta mellor na versión móbil, o texto do medio ocultase con dimensións de pantalla estreitas quedando só os dos lados.
  • Nas buscas, agora pódese especificar datas entre as que buscar, incluso pode deixarse o criterio en branco, o que permite poder establecer dúas datas e procurar as noticias que se publicaron entre elas. É útil para buscar unha noticia da que non lembramos o título pero si sabemos máis ou menos cando se publicou.
  • Nos resultados das buscas tamén temos o desprazamento infinito.

Agardamos que os cambios sexan do agrado dos visitantes e agradécese que de detectar algún erro se informe do mesmo enviando un correo a informatico@fegan.org