Difusión internacional da rendibilidade económica de organizar eventos de natación en Galicia

Vén de ser publicado pola editorial estadounidense IGI-Global un libro sobre marketing deportivo onde nun dos seus capítulos dáse conta dos beneficios, tanto dende un punto de vista económico como turístico, de organizar campionatos de natación na nosa Comunidade. Nomeadamente, e baixo o título Sport Events as a Tool for City Marketing: The Case of the Spanish Swimming Master Championship, reflicte un estudio realizado para o Campionato de España Master celebrado en Pontevedra en 2011. Os autores do traballo son os profesores da Universidade de Vigo, Angel Barajas (coordinador do Master en Xestión Empresarial do Deporte co que a FEGAN colabora) e Patricio Sánchez (secretario do citado Master e tamén membro do Comité Galego de Árbitros).

Ler máis.