Open de Portugal

20240407_nat_coimbra

5 medallas para os Galegos convocados co Equipo Nacional Absoluto de Natación no Open de Portugal en Coimbra.

Mario Méndez, de CN Vigo Rías Baixas

3º- 1500 libre - 15.35.67

Paula Otero, de CN Arteixo

1ª- 1500 libre - 16.23.08

2ª- 200 libre - 2.02.08

2ª- 400 libre - 4.12.42

María de Valdés, de CN Liceo

3ª- 800 libre - 8.45.82

Todos os resultados.

Programa de Desenvolvemento de Adestradores Alto Nivel 2024

20240206_nat_Sergio.jpg

Primeira xornada do Programa de Desenvolvemento de Adestradores Natación e Augas Abertas Alto Nivel 2024 da Real Federación Española de Natación. Terá lugar o 12 de abril no Centro Acuático Inacua Málaga

Sergio Silva (adestrador de Real Club Naútico de Vigo) un dos seleccionados para participar no programa.

Convocatoria.

Axenda Fin de Semana

20240404_nat_axenda"

Concentración Altitud

20231116_nat_programaCSD

Mario Méndez, de CN Vigo Rías Baixas; Paula Otero, de CN Arteixo e María de Valdés, de CN Liceo, convocados para a Concentración de Altitud - CNE Málaga co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas.

Terá lugar do 14 ao 28 de abril nas instalacións de Northern Arizona University en Flagstaff (USA).

Convocatoria.

Sergi Navarro convocado co Equipo Nacional Júnior

20230717_nat_sergi.jpg

Sergi Navarro de CN Ferrol e bolseiro do CGTD , convocado co Equipo Nacional de Natación Junior para a concentración de preparación ESP2028.

Será do 7 ao 10 de abril no CAR de Sant Cugat del Vallés.

Convocatoria.

Open de Portugal

20231116_nat_programaCSD

Do 4 ao 7 de abril disputarase o Open de Portugal en Coimbra (Portugal) no Complexo Olímpico de Piscinas de Coimbra.

Están convocados Mario Méndez, de CN Vigo Rías Baixas; Paula Otero, de CN Arteixo e María de Valdés, de CN Liceo. para participar co Equipo Nacional Absoluto de Natación. Dentro do Equipo Técnico Jesús de La Fuente, adestrador de CN Liceo e Carlos Brión de CN Boiro.

María nadará 1500, 800, 400 libre e 400 estilos, Paula 1500, 400 e 200 libre e Mario, 1500, 400 e 200 libre.

Convocatoria.

Patricio Sánchez, renova o seu posto LEN

202403245_nat_patri.jpg

De novo, presenza galega nos Comités Técnicos de European Aquatics, máximo organismo continental dos deportes acuáticos, tras o Bureau da devandita institución celebrado o sábado en Antalya-Turquía, coa presenza do presidente da RFEN Aquatics, Fernando Carpena, Patricio Sánchez renova no seu posto de Augas Abertas.

Ademais de ser árbitro nacional de natación e augas abertas -con experiencia internacional en Open Water FINA desde 2015-, é actualmente Vocal de Natación do Comité Nacional de Árbitros (CNA) da RFEN.

Primera Etapa da copa do Mundo

20240324_nat_paulaotero.jpg

Carrerón de Paula Otero no 10K, na Primera Etapa da copa do Mundo, que liderou a proba ata os últimos minutos. Erros no avituallamiento e falta de experiencia nas Augas Abertas levarona a rematar no posto 15.

Hoxe participou no 4x1500 con moi bo resultado quedando a remuda a 10 centésimas do bronce.

Todos os resultados.

Campionato de España Open de Fondo Máster

20240324_nat_master.jpg

Boa participación a dos nadadores galegos no Campionato de España Open de Fondo Máster na piscina Muncipal Parque del Oeste que Oviedo acolleu do 22 ao 24 de marzo.

Os resultados máis destacados foron:

20240325_nat_medallero.png

Todos os resultados.

Campionato de España Infantil Mixto por Comunidades Autónomas de Wáter-polo

Boas actuacións das nosas seleccións no Autónomico de Madrid

20240324_wat_sele.jpg

Dende o xoves 21 e ata hoxe domingo, celebrouse en Madrid o Campionato de España Infantil por Comunidades Autónomas coa participación das seleccións Galegas tanto masculina como feminina.

Oitava posición para a selección feminina despois de dúas vitorias na fase de grupos: ante a comunidade de Murcia por 11 goles a 7, e ante a comunidade valenciana por 11 goles a 6, cruzaron en cuartos de final ante Pais Vasco caendo derrotadas por 10-0 que as enviou á loita do quinto ao oitavo posto no cruce coa Federación Navarra saíndo derrotadas 11 goles a 1.

Acabaron a súa participación cun meritorio oitavo lugar tras caer derrotadas pola comunidade Valenciana 4-7, bo campionato das nosas mozas con fases de gran xogo e intensidade.

20240324_wat_chicas.jpg

Pola súa banda o equipo masculino conseguiu a de décimo primeira posición, despois de ir de menos a máis, derrota ante a selección de Portugal no seu partido inaugural por un tanteo de 4-6, souberon sobrepoñerse e vencer no segundo encontro da fase de grupos a Aragón por un tanteo de 8-6 que os enviaba á loita do noveno ao décimo sexto posto, cruzando coa comunidade de Castela a Mancha á que derrotaron comodamente por 13-3.

Na loita pola novena praza caeron derrotados nun partido moi igualado ante a Rexión de Murcia que acabou levándose o encontro nos penaltis por 12-11, finalizando a súa participación con bo sabor de boca despois de derrotar na loita da decimoprimera plaza a Federación Navarra por 12-5.

20240324_wat_chicos.jpg