Boas actuacións das nosas seleccións no Autónomico de Madrid
Dende o xoves 21 e ata hoxe domingo, celebrouse en Madrid o Campionato de España Infantil por Comunidades Autónomas coa participación das seleccións Galegas tanto masculina como feminina.
Oitava posición para a selección feminina despois de dúas vitorias na fase de grupos: ante a comunidade de Murcia por 11 goles a 7, e ante a comunidade valenciana por 11 goles a 6, cruzaron en cuartos de final ante Pais Vasco caendo derrotadas por 10-0 que as enviou á loita do quinto ao oitavo posto no cruce coa Federación Navarra saíndo derrotadas 11 goles a 1.
Acabaron a súa participación cun meritorio oitavo lugar tras caer derrotadas pola comunidade Valenciana 4-7, bo campionato das nosas mozas con fases de gran xogo e intensidade.
Pola súa banda o equipo masculino conseguiu a de décimo primeira posición, despois de ir de menos a máis, derrota ante a selección de Portugal no seu partido inaugural por un tanteo de 4-6, souberon sobrepoñerse e vencer no segundo encontro da fase de grupos a Aragón por un tanteo de 8-6 que os enviaba á loita do noveno ao décimo sexto posto, cruzando coa comunidade de Castela a Mancha á que derrotaron comodamente por 13-3.
Na loita pola novena praza caeron derrotados nun partido moi igualado ante a Rexión de Murcia que acabou levándose o encontro nos penaltis por 12-11, finalizando a súa participación con bo sabor de boca despois de derrotar na loita da decimoprimera plaza a Federación Navarra por 12-5.
Do 21 ao 24 de marzo disputarase no Centro M-86 de Madrid o Campionato de España Infantil Mixto por Comunidades Autónomas.
Galicia acudirá con dous equipos, un en categoría feminina e outro masculina. No equipo Técnico Xavi Pérez, adestrador de CW Santiago e Isabel Pérez e Andrés Pérez de CW As Mariñas.
16 comunidades autónomas (contando Portugal) disputaranse o título e as medallas en ámbito masculino e 11 en ámbito feminino.
En categoría feminina, competirán catro grupos, Galicia no 4 con Valencia e Murcia. En categoría masculina son cinco grupos, Galicia no E con Portugal e Aragón.
Octava e novena xornada do plan de detección de talentos da área de wáter-polo da FEGAN das categorías Infantil Masculina e Feminina.
Adestramento conxunto antes do Campionato de España Por Comunidades que se disputará do 21 ao 24 de Marzo.
O domingo 17 de marzo de 10:30 a 13:00 horas ambas categorías, na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.
O martes 19 de marzo de 17:00 a 19:00 horas ambas categorías, na piscina do Complexo Deportivo Rías Do Sur en Pontevedra.
Os adestramentos estarán dirixidos por Enrique Ordoñez, director Técnico da Área de Wáter-polo da FEGAN e os seleccionadores Andrés e Isabel Pérez de CW As Mariñas.
Do 21 ao 24 de marzo disputarase no Centro M-86 de Madrid o Campionato de España Infantil Mixto por Comunidades Autónomas.
Galicia acudirá con dous equipos, un en categoría feminina e outro masculina. No equipo Técnico Xavi Pérez, adestrador de CW Santiago e Isabel Pérez e Andrés Pérez de CW As Mariñas.
Hoxe, no Concello de Ferrol, presentouse o Campionato Galego Infantil Mixto de Wáter-polo de Inverno que se disputará o domimgo 10 de marzo na piscina J.Gómez Noya de Ferrol.
Na presentación estiveron Silvano González, Directivo de C Marina Ferrol; Víctor Lázaro, Adestrador de C Marina Ferrol;Ricardo Aldrey, Concellal de deportes de Ferrol e Juan Carlos Brión, Presidente da Federación Galega de Natación.
Juan Carlos Brión puxo en valor o apoio do Concello e o desexo de seguir colaborando coa Administración local en futuros eventos. Ricardo Aldrey destacou a gran participación de clubs neste campionato e amosou a súa satisfacción porque a Fegan escollese Ferrol, como sede de probas autonómicas.
Dará comezo as 11:30 horas. O sistema de xogo será KO ronda gañadores e perdedore. Participarán RCN de Vigo, CW Pontevedra, CM Ferrol, CW Santiago, CW As Mariñas, CW C Rías Altas e CW Lugo