Resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2023/24.
A Secretaría Xeral para o Deporte publica as listaxes provisionais das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2023 (DOG 13.07.2023), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2023/24.
Solicitudes rendimento. Solicitudes tecnificación.Segundo se establece nas bases que regulan a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o CGTD de Pontevedra para o curso 2023-24, publícanse as solicitudes recibidas para natación e natación artística..
Durante todo o mes de agosto, a sede da FEGAN permanecerá pechada por vacacións.
Poden contactar a través do correo electrónico info@fegan.org.
Ábrese o prazo de solicitude do bolsa para o curso 2023/24 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra nas modalidades de Natación e Natación Artística.
O prazo de envío de solicitudes á Federación remata o luns 31 de xullo.
Convócase a Fase Común do Curso de Adestrador Auxiliar que se celebrará en Pontevedra entre o 26 de maio e o 17 de xuño (exame final 24 de xuño).
Os requisitos para acceder ao curso son ter 18 anos cumpridos e estar en posesión do título de Monitor RFEN expedido.
O prezo do curso é de 547 € e as clases impartiranse no CGTD de Pontevedra os venres de 15:30 a 18:00 h, sábados de 09:00 a 14:00 e 16:00 a 18:30 h, e domingos de 09:00 h a 14:00 h.
Para os alumnos que non residan en Pontevedra, cabe a posibilidade de realizar o curso en réxime de dispensa de asistencia a clase e asistindo unicamente ao exame final.
Os interesados en facer o curso deben enviar un correo electrónico a info@fegan.org antes do venres 19 de maio para recibir a documentación necesaria para a matrícula.
Aquelas persoas que estean en posesión do título de Licenciado/Graduado en Ciencias da Actividade Física teñen exenta a Fase Común I na súa totalidade, podendo acceder directamente á Fase Específica do Curso de Adestrador Auxiliar.
A Dirección do Equipo Nacional de Natación e Augass Abiertas deu a coñecer a nova composición da ENA, Equipo Nacional Absoluto, e as competición de referencia para o 2º ciclo 2022/23.
Carla Carrón (CN Ponteareas), Paula Otero (CN Arteixo) e María de Valdés (CN Liceo) formarán parte dela. Tamén está convocado o nadador galego Miguel Martinez (Real Canoe).
Despois dos resultados obtidos no Campionato de España Open Absoluto e Júnior de Inverno, tres nadadoras galegas á cabeza do ranking nacional.
Paula Otero, do CN Arteixo, (salida do CGTD tras 4 tempadas, actualmente adestra no CAR de Barcelona) ten garantida a súa participación coa selección absoluta no Mundial de Fukuoka 2023.
Ademais, ao ser Campiona de España no OPEN en 1500, clasifícase automaticamente para nadar o relevo do campionato do mundo de Augas Abertas 4x1500.
Carla Carrón do CN Ponteareas (bolseira do CGTD) xa está clasificada para o Campionato do Mundo Júnior, o Campionato de Europa Júnior e o Campionato de Europa Sub23 e tamén ten as portas abertas para participar como integrante do 4x200 libre, xa que é a cuarta española no open nos 200 libre, no Mundial Absoluto de Fukuoka.
María de Valdés tentará clasificarse para o Campionato do Mundo de Augas Abertas en Cerdeña - Italia, (no que se clasificará a primeira española en chegar á meta e a segunda será a criterio da dirección técnica). Así mesmo, no Marenostrum tentará clasificarse para o mundial en 800 e 1500.
Destacar tamén o nadador galego, Miguel Martínez, actualmente integrante do Real Canoe (formado durante 3 tempadas no CGTD), as posibilidades que ten de entrar na lista dos seleccionados para a Sub-23 e intentar facer mínimas de acceso ao mundial no Marenostrum.
Sergi Navarro de CN Ferrol, seleccionado para participar nunha concentración de preparación xeral coa Selección Nacional Infantil.
Será en San Cugat del Vallés (Barcelona) do 1 ao 4 de abril.
Convocatoria