Ir Inicio
Ir Inicio
Deporte Galego
 
O CN Ponteareas Campión Galego Máster de Inverno PDF Imprimir Correo-e

O CN Ponteareas proclamouse Campión Galego Máster de inverno despois da disputa este domingo do Campionato en Pontevedra. O segundo posto na clasificación conxunta foi para o CN Máster Pons Vetus e terceiro o CN Traviesas.

Na categoría feminina o primeiro posto foi para o CN Ponteareas, seguido do CN Máster Pons Vetus e terceiro o CN Mos.

Na categoría masculina, o campión foi o CN Máster Pons Vetus, seguido do CN Traviesas e C Fluvial de Lugo.

Foron premiados como nadadores de máis idade, en categoría feminina Celia Iglesias Blanco do CN Mos e en categoría masculina Luís Gómez Sanmartin do CN Máster Pons Vetus.

Ver máis.