Ir Inicio
Ir Inicio
Deporte Galego
 
Copa de clubes de natación. Fase preliminar xornada 2. PDF Imprimir Correo-e

O sábado disputouse a 2ª xornada da fase preliminar da copa de clubes de natación.

No grupo de División de Honra disputado en Carballo o primeiro clasificado foi o CN Coruña, seguido do CN Galaico Sercoysa e terceiro o CN Ferrol Elinco.

Na Primeira División disputada en Santiago, o primeiro posto foi para o CN Riveira, seguido do C Fluvial de Lugo e terceiro o CN Santiago.

Na Segunda División, disputada en Narón, o primeiro posto foi para o AD Náutico de Narón, seguido a un so punto polo CN Ponteareas, e terceiro o CN Portamiñá Lugo.

Na Terceira División, disputada en Arzúa, a vitoria foi para o C del Mar, seguido do CN Arzúa e terceiro o CN Vilagarcía.

Ver máis.