Ir Inicio
Ir Inicio
Deporte Galego
 
XVIII Campionato de España OPEN Master de Inverno
Master
Luns, 30 Xaneiro 2012 15:38

Os días 26 a 29 de xaneiro, disputouse en Castellón o XVIII Campionato de España OPEN Máster de Inverno no que os nadadores de clubes galegos obtiveron importantes resultados, sendo os máis destacados, os seguintes:

Maite Garcia Colomo do CN Pabellón Ourense, catro primeiros postos en 200 estilos, 100 libre (con Récord de España), 100 bolboreta (con Récord de España) e 200 bolboreta (con Récord de Europa).

Sonia Alvarez do CN Galaico, tres primeiros postos en 50 bolboreta, 50 e 100 costas e terceira en 50 braza.

Cristina Steimbruggen do RCN Vigo, dous primeiros postos en 400 estilos (con Récord de España) e 100 bolboreta, e tres segundos en 200 estilos e 400 e 800 libre.

Cristina Garcia Colomo do CN Pabellón Ourense un primeiro posto en 200 estilos, e catro segundos en 400 e 800 libre, e 100 e 400 estilos.

Maria Ferreira do CN Máster Mos, primeiro posto en 400 estilos e tres segundos postos en 100 e 200 bolboreta e 200 braza.

Liliana Barja do CN Traviesas un segundo posto en 50 costas e un terceiro en 200 costas.

Fernando Suanzes do SD Hípica tres terceiros postos, en 50, 100 e 200 bolboreta.

Marcelino Jorge Iglesias do CN Máster Mos prata en 200 estilos e tres terceiros postos en 100 estilos e 100 e 200 braza.

Manuel Garcia Colomodo CN Pabellón Ourense, un segundo posto en 200 bolboreta.

En remudas, o CN Pabellón Ourense acadou o primeiro posto en 4x50 estilos mixto na categoría de + 200 e o segundo posto na remuda 4x50 libre mixto +200.

Ler máis.

 
Liga Galega de Water-polo (28 de xaneiro).
Wáter-Polo
Luns, 30 Xaneiro 2012 13:29

O CW Santiago, Campión da fase regular de 1ª División de Wáter-polo.

O CW Santiago, despois da súa vitoria do sábado ante o CN Coruña proclamouse Campión da fase regular da liga de Wáter-polo de 1ª División. No outro encontro da xornada nesta categoría, o C Marina Ferrol Abeconsa gañou a domicilio ao RCN Vigo.

O CW Galaico Pontevedra, Campión da liga Cadete de Wáter-polo.

Coa sua vitoria ante o Asociación Coruñesa de Waterpolo, o CW Galaico Pontevedra proclamouse Campión de Liga Cadete de Wáter-polo. No outro encontro da xornada desta categoría, o CN Coruña gañou a domicilio na súa visita ao CW Santiago.

O RCN Vigo Campión da Liga Infantil de Wáter-polo.

O RCN Vigo despois da súa vitoria desta xornada ante o C Marina Ferrol Abeconsa, proclamouse Campión de Liga Infantil de Wáter-polo. Nos outros encontros da xornada nesta categoría, o CW Santiago gañou ao CN Coruña, e o Asociación Coruñesa de Waterpolo, impúxose a domicilio na súa visita ao CW Galaico Pontevedra.

Amais, esta xornada disputouse un encontro da liga alevín, con vitoria do CW Galaico Pontevedra ante o Asociación Coruñesa de Waterpolo.

Ler máis.

 
Campeonato de Cataluña Open
Natación
Martes, 24 Xaneiro 2012 11:16

Este fin de semana en el Campeonato de Cataluña Open celebrado en Tarrasa (20, 21 y 22 de enero), la nadadora Beatriz Gómez Cortés del CN Galaico, becada en el CGTD de Pontevedra, estableció dos nuevos Récords Gallegos Absolutos en piscina de 50 metros.

En 400 m libre con un tiempo de 4:14,74 anterior 4:16,82.
Y en 100 m libre con un tiempo de 0:57,04 anterior 0:57,18.

Además la nadadora María Vilas Vidal del CN Riveira, becada en el CGTD de Pontevedra estableció Mejores Marcas Gallegas de 16 años:

En 400 m libre con un tiempo de 4:17,85.
En 800 m libre con un tiempo de 8:50,07.
Y en 1500 m libre con un tiempo de 16:45,52.

 
Liga Galega de Wáter-polo. (21 e 22 de xaneiro)
Wáter-Polo
Luns, 23 Xaneiro 2012 11:21

Nos encontros da liga de wáter-polo das diferentes categorías disputados a fin de semana, déronse os seguintes resultados:

Na categoría masculina de 1ª división vitoria local do CW Galaico Pontevedra ante o CN Coruña e vitoria a domicilio do CW Santiago na súa visita ao RCN Vigo.

Na categoría cadete, vitorias locais do CW Galaico Pontevedra ante o CN Coruña, e do Asociación Coruñesa de Waterpolo ante o C Marina Ferrol.

Na categoría infantil, vitorias locais do CW Galaico Pontevedra ante o CN Coruña e do RCN Vigo ante o CW Santiago, e empate entre o Asociación Coruñesa de Waterpolo e o C Marina Ferrol.

Ler máis

 
Liga Galega de Wáter-polo. (14 de xaneiro)
Wáter-Polo
Luns, 16 Xaneiro 2012 08:49

Nos encontros disputados a fin de semana correspondentes ás diferentes categorías das Liga Galegas de wáter-polo, déronse os seguintes resultados:

Liga Masculina de 2ª división, vitoria local do CW Pabellón Ourense ante o CN Coruña B, e vitoria a domicilio do CW Santiago B ante o CW Padrón.

Na categoría feminina, vitoria local do CW Galaico Pontevedra ante o CW Santiago.

Ademais, este sábado celebrouse a primeira xornada de adestramento da categoría infantil no CGTD de Pontevedra.

Ler máis.

 
Judith Lago e María Vilas co Equipo Nacional de Xóvenes.
Natación
Xoves, 12 Xaneiro 2012 20:49

As nadadoras Judith Lago Arobes e Maria Vilas Vidal do CN Riveira e bolseiras do CGTD, están convocadas co Equipo Nacional de Xóvenes para participar no Catalunya Open Natación que se disputa en Terrasa (Barcelona) do 20 ao 22 de xaneiro.

A esta actividade tamén está convocado José Rivera, adestrador de natación do CGTD, como integrante do cadro técnico.

 
Cto. Galego de Natación Absoluto e Júnior de Inverno. Xornada 3.
Natación
Venres, 30 Decembro 2011 20:59

O Club Natación Galaico proclámase campión galego na categoría absoluta e o Club Natación Pabellón Ourense campión galego na categoría júnior.

Catro Records Galegos, catro records de campionato e 9 mellores marcas galegas na última das tres xornadas dos Ctos. Galegos de Natación Absoluto e Júnior de Inverno que se celebraron no CP J. Gomez Noya en Ferrol.

Nesta xornada batéronse os seguintes records e mellores marcas:

Records Galegos.

  • Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico nos 50 libre (parcial remuda 4x50 libre) cun tempo de 26.02.
  • Remuda do CN Ferrol Elinco integrada por Marcos Garcia, Luis M. Suarez, Miguel San Juan e Bruno Lopez nos 4x50 libre cun tempo de 1:33.27.
  • Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico nos 200 costas cun tempo de 2:14.01.
  • Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico nos 200 bolboreta cun tempo de 2:14.71.

Records de Campionato.

  • María Vilas Vidal do CN Riveira en 800 libre con 8:41.38.
  • Aurora Perez Fdez. de Cordoba do CN Coruña en 50 braza con 32.33.
  • María Vilas Vidal do CN Riveira en 400 estilos con 4:43.12.
  • Aurora Perez Fdez. de Cordoba do CN Coruña en 100 braza con 1:09.21.

Mellores Marcas.

  • Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico MMG 17 anos en 50 libre (parcial remuda 4x50 libre) cun tempo de 26.02.
  • Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico MM 17 anos en 200 costas cun tempo de 2:14.01.
  • Paula Blanco Pérez do CNP Ourense MMG 12 anos en 200 costas con 2:30.13.
  • Iria Rodriguez Huertas do RCN Vigo MMG 12 anos en 50 braza con 36.00.
  • María Vilas Vidal do CN Riveira MMG 15 anos en 400 estilos con 4:43.12.
  • Lorenzo Ortiz Aneiros do ADN Narón MMG 16 anos en 200 bolboreta con 2:05.42.
  • Paula Goyanes García do CN Galaico MMG 13 anos en 200 bolboreta con 2:28.37.
  • Iria Rodriguez Huertas do RCN Vigo MMG 12 anos en 100 braza con 1:17.19.
  • Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico MM 17 anos en 100 costas (parcial remuda 4x100 estilos) cun tempo de 1:04.23.

Clasificacións do Campionato Junior:

Feminina:

1. C. NATACION CORUÑA 14882.
2. AGRUP. DEP. NAUTICO DE NARON 13190.
3. C. NAT. GALAICO 12112.

Masculina:

1. C. NAT. PABELLON OURENSE 15009.
2. REAL C. NAUTICO DE VIGO 10439.
3. C.D.N. CIDADE DE SANTIAGO 7670.

Conxunta:

1. C. NAT. PABELLON OURENSE 25641.
2. C. NATACION CORUÑA 18809.
3. C. NATACION FERROL-ELINCO 18521.

Clasificacións do Campionato Absoluto:

Feminina:

1. C. NAT. GALAICO 30031.
2. C. NAT. PABELLON OURENSE 25176.
3. C. NATACION CORUÑA 25101.

Masculina:

1. C. NATACION FERROL-ELINCO 26851.
2. C. NAT. GALAICO 20686.
3. C. NAT. PABELLON OURENSE 18654.

Conxunta:

1. C. NAT. GALAICO 50717.
2. C. NATACION FERROL-ELINCO 48062.
3. C. NAT. PABELLON OURENSE 43830.

Ler máis.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 68