|
Copa Galega de Cubs de Natación |
|
Mércores, 19 de Novembro do 2008 |
|
Disputouse a primeira xornada da Copa Galega de Clubs de Natación nas diferentes divisións.
Na División de Honra, en Pontevedra (Rías do Sur) encabeza a clasificación o CN Pabellón Ourense, seguido do CN Galaico-Sercoysa e do CN Coruña Banco Gallego.
Na 1ra División, disputada en Narón (A Gándara) a clasificación está encabezada polo Ecológhical Fogar Carballo, co Club Fluvial de Lugo na segunda posición e o Real Club Náutico de Vigo en terceiro posto.
Na 2da División, a xornada disptouse en Ferrol (Batallones) e encabeza a clasificación o C Marina Ferrol seguido do CN Xove e C Leyma Natación Arteixo.
Na clasificación individual do Trofeo Leopoldo Bremón, na categoría feminina o primeiro posto é para Iria García Pardavila do CN Galaico-Sercoysa e na categoría masculina para Marcos García Soto do CN Ferrol Elinco.
Ver máis. |
|
|
Liga Galega de Water-polo |
|
Luns, 17 de Novembro do 2008 |
|
Disputouse unha nova xornada de encontros das diferentes categorías da Liga Galega de Water-polo.
Na categoría absoluta xogaronse dous partidos, con vitoria local do C Marina Ferrol fronte á Asociación Coruñesa de Waterpolo, e victora a domicilio do CN Coruña Banco Gallego fronte ao CW Santiago, quen mantén o liderado.
Na categoría xuvenil, victoria do CN Coruña Banco Gallego en Santiago, que o leva a compartir 1º posto na clasificación co C Marina Ferrol.
Na categoría infantil, dous contros con vitorias locais do C Marina Ferrol fronte á Asociación Coruñesa de Waterpolo, e do CW Santiagon fronte ao CN Coruña Banco Gallego. Continúa á fronte da clasificación o CW Santiago.
Na categoría cadete, vitoria a domicilio do CN Coruña Banco Gallego fronte ao CW Santiago, que lle permite alcanzar ao C Marina Ferrol no 1º posto.
Ver máis. |
|
|
Nova actualización do programa Licencias 5.0.0.1. |
|
Martes, 11 de Novembro do 2008 |
|
Esta dispoñible unha nova versión do programa Licenzas, é importante que todos os clubes anoven a súa versión do programa (no caso de non telo feito) con esta actualización a cal leva á versión 5.0.0.1.
Para coñecer cal é a actual versión do programa, so hai que abrilo, ir a: Ayuda, Acerca de, onde indica a actual versión. De non ter a 5.0.0.1. é preciso anovar o programa.
Para anovar o programa hai que descargar a actualización a cal pode ser descargada de aquí. Unha vez descargada hai que descomprimir o arquivo nun cartafol, acceder ao cartafol onde se descomprimeu e executar o ficheiro setup.exe, logo séguense as indicacións. |
|
|
Liga Galega de Water-polo |
|
Luns, 10 de Novembro do 2008 |
|
Nova victoria do CW Santiago na Liga Galega Absoluta de Waterpolo, no encontro disputado este sábado 8 de novembro en Ourense fronao CW Pabellón.
Ver máis. |
|
|
Axudas anuais a deportistas |
|
Martes, 04 de Novembro do 2008 |
|
Publícanse as puntuacións provisorias corresondentes ás axudas anuais a deportistas. A data de revisión/reclamación e achega de documentación para os puntos da alínea 6, remata o 15 de decembro de 2008.
Ver máis. |
|
|
Aprazada a Reciclaxe de Árbitros de Natación |
|
Martes, 28 de Outubro do 2008 |
|
A xornada de reciclaxe de árbitros de natación prevista para o sábado 1 de novembro, aprazase para o sábado 10 de xaneiro en Pontevedra. |
|
|
Xenia Vilariño e Marcos Vila Campións Galegos de Longa Distancia |
|
Domingo, 26 de Outubro do 2008 |
|
A nadadora Xenia Vilariño García do CN Galaico-Srcoysa proclamouse Campiona Galega de Longa Distancia. O subcampionato foi para Iria García Pardavila, tamén do CN Galaico-Sercoysa e o terceiro posto para Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense.
En categoría masculina, o campión foi Marcos Vila Cid do CN Pabellón Ourense, seguido de Iván Brión Sampedro do CN Rveira Mar de Couso, e terceiro Rufino Regueira Suárez, tamén do CN Riveira Mar de Couso.
O Campionato por Clubs foi para o CN Pabellón Ourense, seguido do CN Galaico-Sercoysa e o CN Riveira Mar de Couso.
Ver máis. |
|
|
|